O goberno de Francia dá un paso atrás a respeito do actual TTIP: “É un mal acordo”

O presidente francés, François Hollande, dí que non pode aceptar que se cuestionen “principios esenciais” do agro e a cultura gala.

François Hollande
photo_camera François Hollande

Hollande non gosta deste TTIP. O presidente francés afirmou que “neste momento das negociacións, Francia di non” ao Tratado de libre comercio e investimentos que negocian UE e EUA. O mandatario galo dixo que non é partidario do libre comercio “sen máis” e augurou que Francia nunca vai aceptar “que se cuestionen principios esenciais para a nosa agricultura, a nosa cultura e a reprocidade no acceso aos mercados”. Manifestouno durante un coloquio en París, indicando que o estado francés fixou “principios no marco internacional aos que non queremos renunciar, desde as normas sanitarias, alimentares, sociais, culturais ou ambientais”.

Por iso, engadiu Hollande, “”Francia di non, no estadio actual que coñecemos das negociacións internacionais sobre o tratado”.

O secretario de Estado francés do Comercio Exterior, Matthias Fekl, dixo tamén que "tal e como está actualmente",  "éun mal acordo", e recalcou que Francia "non pode asinalo" nesas condicións. Afirmouno nunha entrevista na radio Europe 1, onde mesmo indicou que “Europa propón moito e recibe pouco”

Hollande e Fekl pronunciáronse así horas após de que Greenpeace Holanda revelara a presión de Estados Unidos para que a Unión Europea acepte as súas demandas.

Comentarios