Francia recoñece o ensino bilingüe nas linguas 'rexionais' na escola

A Asemblea nacional francesa aproba por vez primeira unha lei que fala específica de ensino bilingüe. No estado galo, malén do francés, hai idiomas como o alsaciano, o bretón, o corso, o occitano, o euskera e o catalá

Bretón

A Asemblea Nacional francesa aprobou en segunda lectura o artigo 27 Bis do proxecto de lei de reforma da escola, polo que se consagra e recoñece dentro do sistema educativo as denominadas 'linguas rexionais' (alsaciano, o bretón, o corso, o occitano, o euskera e o catalá)

É a primeira vez que unha lei explicita de xeito tan claro o ensino bilingüe de francés e eses idiomas propios existenets en diferentes territorios dentro do estado galo. Na norma anterior, de 2005, tan só había unha refrencia á posibilidade de que esas linguas fosen ensinadas, mais dependendo de convenios e acordos que se asinasen nas diferentes rexións.

O novo texto lexislativo aprobado pola Asemblea nacional gala tamén contempla que se debe favorecer este tipo de ensino, aliás de garantir que as familias reciban información sobre as ofertas de aprendizaxe

Que idiomas?

Con esta lei, idiomas como o alsaciano, o corso ou o bretón, así coma o basco ou o catalán poderán ter maior presenza no ensino.

O alsaciano (Elsässisch) fálase nesta zona do norte de Francia fronteiriza con Alemaña e Suiza. O seu número de falantes anda por volta dos 700.000

O corso, falado en Córcega e tamén en parte de Cerdeña. Cífranse en 250.000 os e as falantes desta lingua.

O bretón (Ar Brezhoneg ) é unha lingua céltica insular, da rama britónica (coma o galés) que se fala en Bretaña (Breizh), principalmente na súa zona oeste. Ten uns 400.000 falantes.

Comentarios