Francia prohíbe ás centrais nacionalistas presentarse ás eleccións sindicais

Acepta así a petición de sindicatos estatais como a CGT que pide o veto a sindicatos nacionalistas vascos ou corsos por ir contra “os valores republicanos”.

córsega stc
photo_camera STC

O sindicato LAB non poderá concorrer ás eleccións sindicais a pequenas e medianas empresas que terán lugar en Iparralde no outono. Así o decidiu un tribunal de Burdeos, aceptando a petición do sindicato estatal maioritario, CGT, que considera que a central abertzale non respecta os valores republicanos por, entre outras cousas, dar preferencia ao euskera. LAB representa o 15% dos traballadores do País Vasco francés e xa anunciou que recorrerá unha decisión xudicial que non é unha novidade.

A principios do mes de xullo un tribunal vetou que o sindicato corso STC concorrese a esas mesmas eleccións sindicais a pequenas e medianas empresas. O STC, Sindicato dos traballadores corsos, é a primeira forza sindical na illa. Mais iso pouco importou ao tribunal, que deu a razón a unha petición asinada  polos sindicatos estatais CGT, FO, CFDT e CFTC, que consideraban que o STC non reúne os criterios para ser considerado como un sindicato. Alegan que é unha entidade política porque nos seus estatutos defende, por exemplo “a idea da autodeterminación do pobo corso”.

Tanto desde o STC como desde LAB considérase que os sindicatos estatais procuran 'borrar do mapa' o sindicalismo propio nas nacións do Estado francés para procurar así unha completa hexemonía que non lles dan as urnas. 

Comentarios