PRIMEIRA VOLTA DOS COMICIOS GALOS

Francia encoméndase á dereita: a UMP de Sarkozy primeira forza e o FN segunda

A UMP de Sarkozy é a máis votada nas eleccións departamentais, onde a Fronte Nacional ocupa o segundo posto e @s socialistas fican relegados á terceira praza. A coligazón abertzale supera o 16% dos votos en Iparralde.

elecciones_francia_0

A dereita de Nicolás Sarkozy (UMP) foi a máis votada nas eleccións departamentais francesas, que esta fin de semana realizaron a súa primeira volta, segundo as estimacións. Por volta do 30% dos votos atinxiu a formación do ex-presidente, que con estes resultados ve reforzadas as súas ansias de aspirar a se sentar no Elíseo en 2017. Unha vitoria, a da UMP, que certos medios franceses acollen con alivia polo que significa de que non gañou o FN, como fixera nas europeas. Mais a Fronte Nacional de Le Pen (de Marine, a filla) é segunda forza e estivo por riba do 20% dos apoios. Dereita e extrema-dereita, no visto nestas departamentais, copan a maior parte do mapa político francés.

Até a terceira posición caeu o gobernante Partido Socialista de Hollande e Valls, que non chegou ao 20% dos sufraxios, Valls congratulouse porque o FN non fose a gañadora.

Iparralde, Catalunya Norte, Córsega e Bretaña

No País Vasco francés a sorpresa deuna EH Bai, a coligazón da esquerda abertzale, que se converteu na terceira forza após UMP (33%) e PS (19%) ao obter 115.000 votos, o 16%. EH Bai pasa á segunda volta en cinco cantóns.

Na ‘Catalunya Nord’ os resultados foron ben distintos. En 7 dos seus cantóns o partido máis votado foi a Fronte Nacional. O Partido Socialista gañou en 6.

Tamén en Breizh (Bretaña) houbo un importante aumento da formación de extrema-dereita. Neste país, o PS resistiu mellor do que se agardaba e venceu en 2 departamentos. En cinco cantóns na segunda volta haberá presenza forza bretonas (UDB ou MBP)

No que atinxe a Córsega, en Corse du Sud a UMP de Sarkozy foi a máis votada en 10 cantóns. Nese departamento só 1 cantón irá á segunda volta. No outro departamento da illa, Haute-Corse, a vitoria foi da esquerda de ‘Divers Gauche’. Aquí serán 7 os cantóns que vaian á segunda volta. Entre os 16 concelleiros departamentais xa electos hai 1 nacionalista.


 

Comentarios