Epidemia

Francia confirma a primeira morte por coronavirus en Europa

O finado proviña da provincia de Hubei, epicentro da enfermidade. É o primeiro deceso que se produce fóra de Asia.

coronavirus
photo_camera Traballadores nun laboratorio farmacéutico da China (Europa Press)

O Ministerio de Sanidade francés confirmou este sábado a primeira morte por coronavirus en Europa, despois de que un turista chinés que padecía a enfermidade falecese nun hospital de París.

O finado, de 80 anos de idade, proviña da provincia de Hubei, no centro da China, e epicentro da enfermidade, segundo informou a ministra, Agnès Buzyn.

O brote do coronavirus deixou xa 1.523 mortos e 66.492 afectados na China. As autoridades sanitarias do país asiático confirmaron durante o venres 2.641 novos casos e outras 143 mortes.

Destas, 139 foron na provincia de Hubei, onde se atopa Wuhan ─cidade orixe da epidemia─, dúas en Henan, unha en Beijing e outra en Chongqing.

O brote estendeuse xa a outros países do sudeste asiático e tamén se detectaron casos en Europa e América.

Comentarios