As forzas turcas matan, cando menos, oito refuxiados sirios

Cando menos oito persoas sirias refuxiadas, entre elas catro mulleres e tres nenos, todos dunha mesma familia, foron asasinados por gardas fronteirizos turcos cando trataban de cruzar a fronteira.

Tayyip Erdogan
photo_camera Tayyip Erdogan, presidente de Turquía

O Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos denuncia que cando menos oito refuxiados sirios –entre os que se atopaban tres mulleres e catro crianzas- resultaron abatidos polos gardas turcos cando intentaban cruzar a fronteira. Forzas opositoras a Erdogan cifran en 11 o número de falecidos.

Os asasinatos tiveron lugar a pasada noite, cando estas persoas trataban de entrar en Turquía a través de Jirbet Al Juz.

Estas oito [11 segundo a oposición] mortes súmanse ás case 60 de refuxiados sirios que foron abatidos a tiros polas forzas turcas.

Comentarios