FMI suspende negociacións con Atenas: ‘’A pelota está no tellado grego’’

A insitutición estaría a exixir unha nova vaga de recortes que o goberno de Syriza se nega a aceptar.

Tsipras europeo

O Fondo Monetario Internacional (FMI) anunciou que as conversas con Atenas estaban suspendidas por mor da falla de acordo. Unha declaración afastada da intensificación das conversas prometida na cuarta feira após a xuntanza entre Tsipras, Merkel e Hollande. Porén, é unha suspensión, non unha ruptura. Un ‘impasse’ a escasos días de varias citas fulcrais: Grecia ten que pagar máis de mil cincocentos millóns de euros ao FMI a final de mes, data en que expira o acordo actual. Ademais, o 25 e 26 deste mes hai cimeira europea e o 18, Eurogrupo.

O xornalista grego Yannis Koutsomitis refire ruxe ruxes de que o FMI estaría a exixir recortes en campos como as pensións, algo que o goberno grego non acepta. O anuncio do FMI é interpretado como un medio de presionar a Grecia. Fontes do Fondo citadas polo xornal portugués Público falan de “grandes diferenzas” entre as partes, mais aseguran que “o FMI nunca deixa a mesa”, afirmando que “a pelota está no tellado grego”.

Comentarios