A 'Flotilla da Liberdade' volverá a Gaza

Partirá desde Istambul antes de rematar o ano. En 2010 Israel atacou a frota asasinando 10 persoas.

Unha nova 'Flotilla da Liberdade' tentará rachar co bloqueo a Gaza este mesmo ano. Así o aseguraron desde Istambul representantes da coligazón organizadora que vertebra nove organizacións de todo o mundo. 

Embora non ter data fixa até o momento, a activista de 'Rumbo a Gaza' Zohar Chamberlaine, asegurou que contan con partir "o máis rápido posíbel". Fíxoo nunha comparecencia de imprensa desenvolvida na terza feira (12 de agosto) en Istambul onde se están a desenvolver as xuntanzas preparativas que poderían culminar a finais deste mes.

En 2010 o exército israelita matou 10 pasaxeir@s da 'Flotilla' nun ataque desde o mar

En 2010 unha frota composta por 6 buques e pasaxeir@s procedentes dunha corentena de países tentaron superar o bloqueo imposto por Israel contra a Faixa de Gaza. A 'Flotilla' foi atacada polo exército israelita asasinando a 10 tripulantes, nove d@s cales eran turc@s. "Neste ano a representación internacional será polo menos a dupla", afirmou Zohar Chamberlaine, salientando que a "masacre" de Gaza está a mobilizar "grande parte da sociedade civil". 

Suecia, Noruega, Grecia, Canadá, Australia e Italia son algúns dos países de orixe d@s cooperantes, para alén da Fundación humanitaria islámica turca, IHH, que frotou o Marivi Marmara en 2010, onde foron atinxidas as persoas asasinadas. Naquela altura as Nacións Unidas consideraran o ataque militar contra a 'Flotilla da Liberdade' un uso da forza "excesiva e non razoábel", porén, sinalaba que o "bloqueo marítimo" contra Gaza se axusta ao dereito internacional como "medida de seguranza lexítima para impedir a entrada de armas polo mar". 

O avanzo das negociacións

As delegacións palestina e israelita que se atopan no Cairo negociando acordaron ampliar o cesamento ao fogo de 72 horas rematado esta quinta feira, durante cinco días máis, embora mantérense os ataques do Tashal contra Gaza e o lanzamento dos foguetes por parte da resistencia armada palestina, aínda que de maneira puntual. 

Na xornada do 13 de agosto, a explosión dun mísil israelita cando estaba a ser desactivado causou a morte de dous xornalistas, un deles intaliano, e doutras cinco persoas. A cifra de vítimas ascende a máis de 2.000 desde o inicio da ofensiva militar o 8 de xullo. 

Comentarios