Até 30 anos de prisión

A Fiscalía ultima unha querela por rebelión contra Puigdemont

No caso de que nos próximos días o president da Generalitat, Carles Puigdemont, declare a independencia a Fiscalía presentará contra el unha querela por delito de rebelión. Este delito pode supoñer, na máis grave das hipóteses, unha pena de até 30 anos de prisión.

1200_1507661658IMG_6952
photo_camera [Imaxe: NacioDigital] Xornalistas, seguindo a intervención de Carles Puigdemont no Parlament o 10-O

A Fiscalía anunciou que presentará unha querela por delito de rebelión contra Puigdemont no caso de que proclame a independencia de Catalunya nos próximos días. Un feito que conlevaría unha pena de até 30 anos de cadea.

A querela, cuxos flocos se están a fechar, será formalizada moi probabelmente ante o Tribunal Supremo. Como e cando presentala decidirase en función do transcurso dos acontecementos. Aínda que o obxectivo pasa, fundamentalmente, por esixir a responsabilidade penal ao president, non se descarta que se estenda a todos os membros do Gobern e ás persoas que integran a Mesa do Parlament.

Aínda que o delito de rebelión requira o uso da violencia, a Fiscalía entende que o termo debe interpretarse nun sentido amplo. Desta maneira, a presentación da querela levaría aparellada a petición de detención de Puigdemont e o seu ingreso en prisión incondicional.

Aplicación do artigo 155

Por outra banda, o Goberno español xustifica a aplicación do artigo 155 da constitución contra a Generalitat na “desobediencia rebelde” en que, ao seu ver, incorreu o Govern de Carles Puigdemont.

Comentarios