A Fiscalía a Puigdemont: “A inmunidade parlamentar non pode derivar en impunidade”

A Fiscalía Xeral do Estado vén de advertirlle a Carles Puigdemont que non pode recorrer ao dereito de inviolabilidade parlamentar para poder voltar a Catalunya sen o risco de ser detido. “A protección dos parlamentares non comparta ningunha inmunidade xurisdicional”, sinala.

Puigdemont, a semana pasada nun hotel da capital belga
photo_camera Puigdemont, nunha imaxe de arquivo

A través dun comunicado, a Fiscalía Xeral do Estado advírtelle a Puigdemont de que o feito de ter “fuxido” xa pon de manifesto que persiste no seu “plan delitivo” e lembra ao respeito que oito deputadas e deputados chegaron a ser encarcerados tendo os mesmos dereitos que el.

Así, a Fiscalía asegura que a inmunidade parlamentar non significa que non se poida ordenador o seu ingreso en prisión por orde xudicial e salienta que “a protección dos parlamentares non supón ningunha inmunidade xurisdicional”.

O comunicado da Fiscalía responde ao anuncio de Junts per Catalunya de estudar que implicacións políticas e xurídicas pode ter a inmunidade que teñen os deputados do Parlament.

Comentarios