A Fiscalía pide manter a euroorde contra Puigdemont e suspender a súa inmunidade

Defende que as medidas cautelares xa acordadas por Llarena "son absolutamente lexítimas e xustificadas"
puigdemont catalunya acreditación

A Fiscalía do Tribunal Supremo solicitou ao xuíz instrutor do "procés", Pablo Llarena, que manteña a euroorde contra Carles Puigdemont e o resto das medidas cautelares, ao tempo que solicitou ao Parlamento Europeo que suspenda a inmunidade do líder independentista.

Nun escrito tamén relativo ao ex conseller Toni Comín, datada o pasado 20, os fiscais do caso tamén piden que se lle informe ao xuíz belga que debe decidir sobre as súas ordes de detención e entrega, de xeito que se deixe sen efecto os prazos de a resolución "da euroorde até que o Parlamento Europeo decida se lles suspende a sinmunidade.

No seu escrito, a acusación insiste en que Puigdemont e Comín "están en situación de rebeldía" e lembra que se ditou contra elesunha medida de prisión, ademais de ordes de investigación e captura por delitos "moi graves".

Segundo a acusación, a pesar da sentenza do TXEU, as medidas cautelares xa acordadas por Llarena "son absolutamente lexítimas e xustificadas" e deben manterse pola "gravidade dos delitos e penas

Comentarios