Fiscalía non pide ningunha medida cautelar para Trapero, Sánchez e Cuixart

trapero
photo_camera trapero

A Fiscalía da Audiencia Nacional non pide ningunha medida cautelar contra Josep Lluis Trapero, maior dos Mossos, Jordi Sánchez, de ANC, e Jordi Cruixart, de Ómnium. Esta é a decisión do ministerio público após citalos a declarar por sedición (conleva até 15 anos de prisión) na mañá desta sexta feira en Madrid. Terán, iso si, que volver declrara dentro duns días.

Dos investigados por sedición, os tres citados e Teresa Laplana, intendente dos Mossos, o único que se negou a declarar foi Cruixart. Sánchez fíxoo na súa defensa e Trapero si que respondeu ás preguntas de todas as partes. Jordi Cruixart afirmou que non recoñecía a competencia do tribunal para xulgalos.

Trapero saíu da Audiencia Nacional após declarar durante unha hora como investigado por sedición. Teresa Laplana fíxoo por video-conferencia por motivos de saúde. A saída do maior dos Mossos do alto tribunal fíxose entre aplausos dalgúns concentrados mais tamén entre berros de “traidor” e “cabrón” por parte doutros.

Un grupo de deputados e senadores de ERC, , PDECat, En Comú Podem, PNV e EH Bildu desprazáronse até a Audiencia Nacional para saudar e acompañar os investigados mais un cordón policial impediullo alegando medidas de seguridade.

Comentarios