A fiscalía desbota a extradición de Valtònyc por terrorismo que demandaba España

A xustiza belga mantén en liberdade o rapeiro e resolverá a extradición o 17 de setembro.

VALTONY IALMA BELLA CIAO

A lexislación belga mantén en liberdade Josep Miquel Arenas, Valtònyc, mentres non resolve a solicitude de extradición feita polo Estado español. O cantante compareceu esta segunda feira nun tribunal de Gante (Flandres), que examinou a solicitude da xustiza española, que solicita a súa entrega por terrorismo, ameazas e insultos á coroa.

Os avogados de Valtònyc Gonzalo Boye e Simon Bekaert explicaron logo da audiencia que o fiscal até desbotaba a acusación de terrorismo solicitada polas autoridades españolas na euroorde. Agora  verase se o xuíz belga decide extraditar o cantante por ameazas. A resolución, nunha nova vista o vindeiro 17 de setembro.

Boye dixo: "Hai cousas que foron moi claras: unha é que non é un delito de terrorismo, e o outro é que o día 17 teremos unha resolución. E confiamos plenamente  no tribunal e consideramos que estes feitos non cumpren o requisito de dobre incriminación con respecto á lexislación belga e de conformidade co Convenio Europeo de Dereitos Humanos e Liberdade de Expresión”

Comentarios