Fiscalía de Bolivia dita orde de detención contra Morales por “sedición e terrorismo”

O ex presidente boliviano está refuxiado en Arxentina e cualifica a orde como “ilegal”.

evo_morales_arxentina

A Fiscalía de Bolivia emitiu unha orde de detención contra o ex presidente Evo Morales, a quen acusa de supostos delitos de “sedición e terrorismo”. O ministro interino boliviano, Arturo Murillo, solicita que sexa trasladado perante a Fiscalía especializada anticorrupción para “prestar declaración”.

Morales está en Arxentina desde o pasado 12 de decembro após permanecer case un mes como refuxiado político en México. Desde Arxenina, Morales cualificou a orde de detención como “inxusta, ilegal e inconstitucional”.

Comentarios