Finlandia abre a porta a abandonar o euro antes que pagar os rescates doutros países

A ministra de Finanzas, Jutta Urpilainen, afirma nunha entevista que o seu país non se manterá na moeda común a calquera prezo
Banco Central Europeo
photo_camera Banco Central Europeo

"Filandia non se manterá no euro a calquer prezo e está preparada para calquer escenario". A ministra de Finanzas , Jutta Urpilainen, foi así de rotunda nunha entrevista ao diario financeiro finés 'Kauppalehti' á hora de referirse aos recenets acordos atinxidos na cimeira europea. Urpilainen expresou o malestar que, sinala, existe na sociedade do seu país por entender que van ter que contribuir ao rescate da banca doutros estados.

Finlan dia é unha das poucas economías da Eurozona que conserva a calificación 'Aaa', e a súa ministra deixou albiscar coas súas declaracións que o goberno podería optar por sair do euro antes que ter que pagar a débeda de terceiros países.

"Finlandia está comprometida co seu papel como membro da Eurozona e pensamos que o euro é útil para Finlandia", asegura Urpilainen para, a continuación, engadir que "Finlandia non se colgará do euro a calquer prezo e está preparada para calquer escenario".

 Responsabilidades

Alén diso, a titular finlandesa de Finanzas reiterou o súa coñecido posicionamento de que unha unión bancaria fundada sobre a asunción conxunta de responsabilidades non funcionará.

Comentarios