Soldados israelianos participan no resgate dos reféns retidos por un grupo de Al Qaeda en Nairoi

A milicia islamista Al Shabab, vinculada a Al Qaeda, mantém retidos perto de 30 reféns desde hai 24 horas no centro comercial Westgate, em Nairóbi, onde un ataque matou no mínimo 59 persoas e feriu 175. Soldados israelianos están a tomar parte na operación de resgate dos reféns. 

O brutal ataque produciuse este sábado, cando 10 militantes de Al Shabab entraron no centro comercial, arrebolaron granadas e tirotearon as persoas que se achaban na local.

O centro comercial foi parcialmente tomado polo Exército queniano que, segundo o Goberno, xa conseguiu resgatar máis de mil persoas. Mais ainda fican dentro do edificio milicianos de Al Shabab, que manteñen retidos arredor de 30 reféns.

50 vehículos blindados están a tomar parte nos labores de resgate, nos que tamén están a participar soldados israelianos.

O Estado sionista xustifica esta intervención porque parte da propriedade do centro comercial pertence a empresarios israelianos.

Comentarios