Fidel Castro dá sinais de vida após os rumores do seu falecemento

Fíxoo através dunha carta enviada ao ex-futbolista Diego Armando Maradona con data do 11 de xaneiro. 

Telesur_Cubadebate
photo_camera [Telesur/Cubadebate]

O líder revolucionario cubano, Fidel Castro, enviou unha misiva ao ex-futbolista da que non trascendeu até o momento o contido. O que si foron difundidas foron unhas imaxes da carta e un pequeno vídeo no que Maradona se amosa agradecido polas letras que lle escribiu Castro. 

Coa carta, que data do 11 de xaneiro, disípanse os rumores que nos últimos días apuntaban a unha hipotética morte de Fidel Castro e que mesmo foi publicada por xornais como Corrieri della Sera. Esa información foi finalmente retirada após ser desmentida polo goberno cubano. 

Comentarios