O feminismo falou nas rúas do mundo

"Históricas que non histéricas", levaba unha moza chilena na manifestación de onte no outro Santiago, onde me atopo.
O feminismo concentrouse unha vez máis en moitas cidades do mundo para loitar polos dereitos das mulleres. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O feminismo concentrouse unha vez máis en moitas cidades do mundo para loitar polos dereitos das mulleres. (Foto: Nós Diario)

O feminismo voltou a dar unha lección no mundo de que hai moitas conquistas que facer ainda, moito que avanzar.  De Galiza a Chile o movimento feminista a nivel mundial move marcos de patriarcados e neoliberalismo engarzado no sistema laboral, vital e afectivo.

"Históricas que non histéricas", levaba unha moza chilena na manifestación de onte no outro Santiago, onde me atopo. Exactamento, facendo historia polas transformacións que empuxa o feminismo para mudar leis e facer cambios. A descalificación é o argumento mais sinxelo de quen non fai nada nin ve que haxa nada por facer.

No caso de Chile, a primavera feminista de 2018 abriu un horizonte que estaba esnaquizado por un sistema capitalista depredardor traducido en reducir ás mulleres en obxectos, en   productoras, en reducir dereitos. E as mulleres do mundo dixemos que non, que abondaba. Saimos ás rúas polos dereitos como as mulleres da atención domiciliaria ou do sector da conserva; saimos ás rúas contra a violencia porque xa abondada de calar.

Unha sociedade sen discriminación ten que ser inclusiva, aperturista, incorporar mecanismos legais para evitar a discriminación. En Chile din para todes. Foron sen dúbida as mulleres as que provocaron o cambio de Goberno na segunda volta  o pasado mes de decembro en Chile.

Cando hoxe andei polas alamedas visualizábase ben, son moitas, cada vez mais novas, nais e fillas, de todas as diversidades e cores, moitas. Elas moveron os marcos como feministas para provocar o cambio.

Penso se en Galiza podemos facer algo igual. As mulleres de todos os eidos da nosa Terra tamén poderiamos mover os marcos. Igual que Piñera, Feijoo é un presidente machista e arrogante, que dalle igual o futuro das mulleres galegas, senon teria feito outras políticas inclusivas, no laboral, contra a violencia de xénero, na conciliación, na loita contra a desigualdade. Para él non é unha prioridade.

En Chile van ter o primeiro goberno feminista da historia, non porque sexa un Goberno consciente dese enfoque somente, senon porque saben que se deben ao mandato popular dos movimentos feminisitas, das pluridiversidades feministas dos territorios e causas, dos dereitos sexuais e reproductivos que tamén van marcar unha axenda politica feminista e de cambio. Iguais e con dereitos.

Por iso en Chile a marcha do 8 de marzo chámase folga feminista, porque aquí a axenda marcárona as mulleres e senon se respeita a folga prolongarase. O feminismo hai que tomalo en serio. Onte dixéronno tamén as galegas nas rúas.

Comentarios