Felipe González fala con Rivera, mais non con Sánchez nen con Rajoy

El País. ABC. E agora Felipe González. O ex presidente afirmou na SER que non fala desde hai meses con Pedro Sánchez, mais si con Albert Rivera.

FG
photo_camera González, durante a entrevista

Non fala con Pedro Sánchez (nas primarias, foi derrotado ao apoiar a opción de Susana Díaz). Non fala desde hai 3 anos e medio con Aznar. Mais si o fai con Albert Rivera -pouco, eh!, aprésase a esclarecer. Non é o único ex presidente que o fai. Aznar ten na práctica profillado o líder de Cs. Rivera é o home de moda da política española, sinalado por sectores significativos do establishment como a baza a xogar agora en plena crise do réxime de 1978.

Sobre o seu estatus no PSOE após fracasar na operación Díaz, e após recoñecer que carece de interlocución con Pedro Sánchez, Felipe González -presidente do goberno de 1982 a 1996- afirmou: "Prefiro non intervir. Non represento nada no partido. Son un membro máis e non quero pronunciarme sobre temas de partido".

En todo caso, González mostra a súa disposición a falar en calquera momento con Sánchez: "Hai moito tempo que non falo con el, o cal non quer dicer que non estea disposto a falar con el. Se quer falar comigo, é obvio que estou disposto a falar con el".

Sobre Catalunya

 

A respeito da situación de Catalunya, o dirixente histórico do PSOE afirmou ter "dificuldades" á hora de ver un "delito de rebelión" nas actuacións dos líderes soberanista -si que vería a sedición e a malversación de fondos públicos- e alegou que se "sentiría máis cómodo" se Junqueras, Forn e os Jordis non estivesen en prisión preventiva.

Comentarios