Xa en precampaña

Feixoo ataca con dureza a hipotética coalición dos soberanismos catalán, vasco e galego

Feixoo reproba que ERC, EH Bildu e BNG negocien unha candidatura conxunta para as eleccións europeas de maio. Non entende o presidente da Xunta que se "xunten" formacións que representarían en Europa "o estado que queren destruír".

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin
photo_camera Feixoo

Conferencia de imprensa posterior ao Consello da Xunta das quintas feiras. Feixoo é interpelado sobre as negociacións en curso entre BNG, ERC e EH Bildu, reveladas polo portavoz da formación republicana catalá, Joan Tardà.

"Ter formacións que se xuntan nunhas eleccións para defender o incumprimento sistemático das normas de convivencia paréceme unha contradición moi perigosa", dixo o presidente da Xunta.

Para Feixoo, sería moi difícil que unha situación como esta —formacións soberanistas a concorreren unidas— se dese "noutros estados" da UE. 

"Non é razoábel ir nunha convocatoria para pedir a disolución do Estado ao que se intenta representar en Europa", dixo o titular do goberno galego, a obviar que BNG, ERC e EH Bildu se presentan ás eleccións cunha programa basicamente destinado a representar os seus pobos e non España.

Comentarios