CARLOS MORAIS (CB)

“FARC e Santos minusvaloraron a influencia que aínda ten o uribismo”

Integrante da Executiva do MCB (Movemento Continental Bolivariano), seguiu de perto a negociación entre a guerrilla e o goberno colombiano, mantendo contacto con representantes das FARC no proceso negociador.

Carlos Morais, à direita, conversa com o líder das FARC
photo_camera Carlos Morais, à direita, nunha conversa hai meses co líder das FARC

- Ninguén agardaba un 'non' na consulta colombiana, mais o resultado foi 'non. Por que consideras que finalmente se impuxo o voto de rexeitamento ao acordo?

- Entendo que hai dúas cuestións a ter en conta. Unha, a participación neste plebiscito foi do 40%, o que sinala que a inmensa maioría do pobo non tomou parte. Desde hai décadas nos procesos electorais en Colombia só toma parte unha minoría, hai unha tradición de pucheirazos, de manipulacións electorais... Existe unha grande desconfianza da poboación cara ao réxime, desconfianza do Estado.

Ademais, creo que as FARC e Santos minusvaloraron a influencia que ten o uribismo, que representa unha oligarquía vinculada á industria agro-gandeira e alimentaria, unha oligarquía que sairía perdendo moito neste proceso. Unha oligaquía que bate, por certo, co interese de multinacionais extractivas que queren 'asaltar' unha parte do territorio á que actualmente non poden acceder por estar baixo control da guerrilla. Co abandono das armas pola FARC xa poderían entrar nesas zonas.

- O goberno e as FARC recoñecen que non tiñan plan B polo que a pregunta é que pode pasar agora?

Pois non está claro, eu descoñézoo. Pode que haxa un novo proceso de negociación e que nel pese o uribismo, que xa dixo que non está en contra de negociar, e que se dea unha nova negociación á baixa. Desde o MCB mantivemos durante todo este tempo un apoio, con matices, ao proceso. Mais hai 6 meses decidimos que non iamos continuar dándoo. Non é que non esteamos a favor dunha saída negociada, senón que cremos que nun acordo teñen que ceder os dous e que ese proceso levase a un proceso constituínte para unha nova Colombia.

- Este proceso de paz vai poñer fin á violencia en Colombia...

- O acordo de paz non acaba coa guerra. Outra guerrilla, o ELN, continúa en combate, por non falar da violencia brutal dos paramilitares, que segue impune. Ademais, estamos a falar dun dos países máis desiguais de Amércila Latina, cunha parte maioritaria da poboación vivindo na miseria e unha elite moi rica: de non mudar iso, algo por certo que non se abordaba nos documentos do proceso de paz, non se pode falar de que acabou o conflito.

Comentarios