Faleceu Josep Almudéver, o derradeiro brigadista internacional

Este marsellés fillo de valencianos, que combateu na batería italiana Carlo  Rosselli, morreu aos 101 anos.

josep-almudever-604x270

Josep Almudéver, o derradeiro brigadista internacional e o derradeiro sobrevivente do campo de concentración de Albatera (Alicante, Valencia), morreu aos 101 anos. Naceu en Marsella, fillo dunha familia valenciana, e tiña a dupla nacionalidade. Vivía en Francia mais pasaba longas tempadas en Alcázar, onde tiña un bo feixe de amigos.

Participou na Guerra civil española. Ao comezar a guerra, con apenas 17 anos, alistouse no Exército republicano, no batallón Pablo Iglesias, no que combateu en territorio turolense até ser ferido en maio de 1938.

En 2016 recibiu o título de embaixador da Comunidade Valenciana. Nese acto despregou unha bandeira republicana, levantou o puño e negouse a escoitar o himno español

Após pasar uns meses no hospital de Lorca, regresou a Valencia disposto a reintegrarse na súa unidade. Ao non conseguilo, pediu ingresar nas Brigadas Internacionais, onde foi aceptado dentro da batería italiana Carlo  Rosselli. Alí mantívose até xaneiro, cando os brigadistas asentados na zona Centro foron transportados a Catalunya para a súa repatriación. Pouco despois pasou a Francia, mais Josep volveu a Valencia para proseguir a loita.

O 1 de abril de 1939 foi encarcerado no campo de concentración de Albatera. Foi o último sobrevivente coñecido e coa súa memoria axudou o equipo que agora intenta documentalo. "Unha boa parte da historia do campo marchou con el", dixo a Vilaweb Felipe Mejías, o arqueólogo que dirixe o traballo.

De Albatera foi trasladado a Portaceli e á prisión Model. Foi condenado a morte por axudar á rebelión, pero a súa condena foi conmutada por 30 anos de prisión. Saíu antes. Até 1946 foi enlace coa chamada Acción Guerrilleira do Leste, vinculada ao Partido Comunista. Cando abandonou a resistencia armada, refuxiouse no Estado francés, onde se relacionou con máis exiliados. Dedicou toda a súa vida a explicar a súa experiencia no campo de concentración e na loita contra o fascismo en escolas e centros de ensino.

En 2016 recibiu o título de embaixador da Comunidade Valenciana, como parte dos actos conmemorativos do ano novo de outubro. Nese momento, despregou unha bandeira republicana, levantou o puño e negouse a escoitar o himno español.

Comentarios