Falece Haunani-Kay Trask, feminista e referencia do nacionalismo hawaiano

Autora de obras de referencia para o soberanismo hawaiano.

Haunani-Kay-Tras
photo_camera Haunani Kay Tras

Haunani-Kay Trask faleceu na fin de semana. Xubilouse en 2010 e comezou a súa carreira académica en UH Manoa en 1981 como profesora axudante no Departamento de Estudos dos Estados Unidos, con experiencia en teoría feminista e estudos indíxenas.

Trask recibiu en abril un dos máximos honores outorgados polo mundo académico. Foi elixida membro da Academia Americana de Artes e Ciencias, unha das sociedades honoríficas máis antigas e prestixiosas dos EUA.

Ademais da súa carreira no activismo e no mundo académico, Trask escribiu dous libros de poesía Light in the Crevice Never Seen e A noite é un tambor de pel de tabeirón - e unha colección de ensaios politicamente provocadores. From a Native Daughter: Colonialism and Svereignity in Hawaii (1999), un referente do nacionalismo hawaiano. Tamén escribiu e co produciu o galardoado documental Act of War: The Overthrow of the Hawaiian Nation, que se estreou en 1994.

"Os seus libros foron traballos innovadores", dixo a activista e profesora Sonoda-Pale. "Por iso, é importante que a xente se decate de que o seu legado seguirá vivindo".

Moitos membros da comunidade nacional hawaiana dixeron que consideraban Trask como unha das mulleres máis influentes da historia de Hawai.

Información tirada de nacions.blogspot.com

Comentarios