Facebook pecha a páxina dun partido por empregar o termo Curdistán

O BDP acusa a esta rede social de “censurar” e de colaborar co partido gubernamental turco, AKP, na represión contra o independentismo curdo.

curdistan

O Partido da Paz e a Democracia (Partiya Aştî û Demokrasiyê, BDP) é unha organización independentista curda, á que tradicionalmente se vencella coa loita armada do PKK. Naceu en 2008 e ten un importante apoio entre a poboación curda. Mais Facebook vén de pechar a súa páxina oficial na rede social, denuncian desde BDP. O motivo, que emprega a palabra Curdistán.

O BDP acusa Facebook de aumentar a censura e culpou da situación aos anceios de " cooperación" desta rede social co gobernante Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP). "Facebook cita o uso da palabra Curdistán, que é unha palabra lexítima e legal. A decisión da empresa é irracional ", afirman os nacionalistas curdos

Represión

"Facebook segue a súa colaboración co AKP, partido que se decatou do valor e importancia das redes sociais durante os días de resistencia en Gezi , en referencia ás manifestacións antigubernamentais deste ano en Istambul, sen diminuír o ritmo", dixo o BDP través nun comunicado.

"A censura contra o noso partido aumenta gradualmente. A censura política na rede fé similar á política de presión exercida no campo político ", engadiu.

Así, o BDP considerou que a posición da empresa baséase no seu desexo de abrir unha oficina en Turquía para atinxir mellores oportunidades de expansión, segundo recoñece o propio xornal turco Hurriyet.

Comentarios