Un F-16 israelita ataca a misión humanitaria venezuelana en Gaza

Un mísil lanzado por un F-16 israelita impactou perto do lugar en que a delegación venezuelana fai entrega da axuda recolleitada para os pobo palestiniano en Gaza.

misil
photo_camera Foto: TeleSur.


Foi o proprio embaixador de Venezuela no Exipto, Juan Hernández, en declaracións á Axencia Venezuelana de Noticias, quen informou do ataque da aviación do Estado sionista á misión humanitaria.

"Este ataque non é casual, mais non nos vamos deixar amedrontar e axudaremos a Gaza", dixo Hernández, quen mostrou a súa solidariedade co 1,8 millón de persoas que viven encarceradas no guetto da franxa: "Fica moi pequena a linguaxe para descrebermos o horror do que se vive aquí en Gaza".

O ataque non produciu danos ás persoas que compoñen a misión humanitaria venezuelana.
Non é a única agresión sofrida polas delegacións do Estado bolivariano desprezadas a Gaza.

De acordo cunha información aparecida en Aporrea.Org, a misión venezuelana destacada en Rafah -cuxo obxectivo é a entrega de 10 toneladas de axuda humanitaria- tamén foi albo dun ataque militar israelita.

O ataque foi falido: a bomba de aproximadamente unha tonelada que caeu ben perto de donde se acha esta misión en Rafah non chegou a detonar.

Comentarios