Explosións no metro de S. Petersburgo causan un mínimo de 10 mortos e 50 feridos

As autoridades manteñen abertas todas as liñas de investigación, incluída a dun atentado terrorista.

atentado san petersburgo Kommersta Twitter
photo_camera Kommersat Twitter

Dúas explosións no metro de San Petersburgo causaron un mínimo de 10 persoas mortas e por volta dunhas 50 feridas, segundo a prensa rusa. Imaxes e vídedos nas redes sociais amosan vagóns destruídos e abundante fume negro nalgunhs estacións. Todas as estacións foron fechadas. A axencia Interfax aponta que na orixe dun dos estoupidos estaría un aparello "envolvido en elementos destrutivos”. As explosicións tiveron lugar en dous vagóns do metro que enlaza as estacións de Praza Sennaia e do Instituto Tecnolóxico.

En decembro de 2013 un duplo atentado suicida na estación de tren e autobuses deixou 18 persoas mortas. E en 2010, morreron 39 persoas cando dous terroristas suicidas estouparon os explosivos que levaban no metro de Moscú.

Comentarios