Explosión nunha central nuclear no norte de Francia

Hai cinco persoas intoxicadas. Autoridades afirman que non hai risco de fuga.

nuclear

Na mañá desta quinta feira rexistrouse unha explosión na central nuclear de Flamanville, no norte de Francia. A noticia foi avanzada polo xornal Ouest France e confirmada pola policía local, que desbotou que houbese risco de fuga. Os bombeiros, de por parte, informaron que ese estoupido deu lugar a un incendio na sala de máquinas, no interior da central.

O director do gabinete do alcalde do Concello de Flamenvilleafirmou que o acontecido non pode cualificarse como “accidente nuclear” e recoñeceu que cinco persoas resultaron intoxicadas mais fóra de toda gravidade. Non se activou plan de emerxencia mais o funcionamento do reactor foi suspendido pola proximidade ao lume.

A Energie de France, responsábel da central, afirmou nas redes sociais que o "incendio está controlado, nunha zona non nuclear. Non hai vítimas vítimas nin consecuencias para a seguridade ambiental."

Comentarios