O 9 de maio é o Día de Europa. A maré soberanista que avanza polo vello continente levou ao Centre Maurits Coppieters a reivindicar co gallo desta data, máis voz para as nacións sen Estado que coma Galiza, Euskal Herria, Escocia ou Flandes ven minguada a súa representación por non seren recoñecidas.
The Ascent of Autonomous Nations from Centre Maurits Coppieters on Vimeo.
A través dunha mudanza na fórmula matemática coa que se asignan o número de escanos no Parlamento europeo mais tamén, a partir do seu recoñecemento como pobos, os resultados tirados do estudo deixan ver como o noso país goza dunha representación inferior á doutros pequenos Estados independentes da UE. "Galiza é das peor tratadas no modelo actual" aseguran no libro O ascenso das nacións autónomas. Neste senso, apuntan que o noso país podería mesmo triplicar o número de eurodeputad@s (de 3 a 6) a partir da aplicación da nova fórmula de cálculo.
O estudo foi coordinado por Matthew Dumford --investigador do Plaid Cymru-- e propón o incremento do número de Estados membros da UE até 34. Aliás, recolle as mudanzas lexislativas precisas para incorporar a presenza das nacións sen Estado após concluír que os territorios submetidos a réximes administrativos superiores sofren unha infra-representación en relación cos pequenos Estados independentes.