Exixen máis voz para as nacións sen estado no Día de Europa

Un estudo elaborado polo Centre Maurits Coppieters propón un outro modelo de representación parlamentar que rache coas limitacións actuais da Galiza, Euskal Herria e Catalunya. O noso país conta con menos eurodeputad@s que Eslovenia malia posuír 800.000 habitantes máis. Vídeo no interior

 

O 9 de maio é o Día de Europa. A maré soberanista que avanza polo vello continente levou ao Centre Maurits Coppieters a reivindicar co gallo desta data, máis voz para as nacións sen Estado que coma Galiza, Euskal Herria, Escocia ou Flandes ven minguada a súa representación por non seren recoñecidas. 

The Ascent of Autonomous Nations from Centre Maurits Coppieters on Vimeo.

A través dunha mudanza na fórmula matemática coa que se asignan o número de escanos no Parlamento europeo mais tamén, a partir do seu recoñecemento como pobos, os resultados tirados do estudo deixan ver como o noso país goza dunha representación inferior á doutros pequenos Estados independentes da UE. "Galiza é das peor tratadas no modelo actual" aseguran no libro O ascenso das nacións autónomas. Neste senso, apuntan que o noso país podería mesmo triplicar o número de eurodeputad@s (de 3 a 6) a partir da aplicación da nova fórmula de cálculo. 

O estudo foi coordinado por Matthew Dumford --investigador do Plaid Cymru-- e propón o incremento do número de Estados membros da UE até 34. Aliás, recolle as mudanzas lexislativas precisas para incorporar a presenza das nacións sen Estado após concluír que os territorios submetidos a réximes administrativos superiores sofren unha infra-representación en relación cos pequenos Estados independentes. 

Comentarios