Vox: o exilio iraniano pagou os salarios de Abascal e Espinosa de los Monteros durante 8 meses

O líder de Vox recibiu un salario de 3.570 euros mensuais e o portavoz no Congreso mensualidades de 2.300 euros.

bascal espinosa Vox (Europa Press)
photo_camera Espinosa de los Monteros e Abascal nun mitin (Europa Press)

Os deputados de Vox Santiago Abascal e Iván Espinosa de los Monteros cobraron durante oito meses salarios do seu partido con fondos procedentes de achegas do Consello Nacional da Resistencia de Irán (CNRI), a mesma organización que sufragou cun millón de euros o nacemento do partido ultra españolista. Así o sinala El País, que indica que ese diñeiro para salarios chegou grazas ás xestións do primeiro presidente e fundador de Vox, Alejo Vidal-Quadras, ex deputado do PP.

O CNRI tivo un ‘brazo armado’, Muyahidín-e Jalq (MKO nas siglas en inglés), un grupo terrorista que estivo na lista negra de organizacións extremistas durante varios anos. A UE retirounos desa lista en 2009 e EUA en 2012.

O número de persoas vítimas deste grupo durante os seus anos de actividade sitúase entre as 10.000 e as 15.000, segundo as fontes.  Na súa última etapa sitúaselles como aliados de Estados Unidos.

Comentarios