Exhumarán o cadáver de Arafat para investigar se foi asasinado

Doctores do Instituto de Radiofísica de Lausana, en Suiza, atoparon elevados niveis de Polonio 210 en obxectos persoais do 'rais' palestino

A Autoridade Nacional Palestina vén de aceptar a solicitude da viúva de Yasser Arafat, Susha Arafat, para exhumar o cadáver do que fora presidente palestino e investigar se foi asasinado, tal e como desvelou nas últimas horas unha reportaxe de investigacion da cadea Al Jazeera

Nesa reportaxe, doctores dun instituto suizo apuntan a que Arafat puido ser envenenado ao atopar altas doses de polonio radioactivo en obxectos persoais do 'rais'.

O lider palestino morreu en París en 2004 nunhas circunstancias por aclarar, pois médicos que o atendían amosaban a súa sorpresa polo rápido empioramento da saúde de Arafat e por non poder determinar de maneira clara a causa do falecemento.

A morte de Arafat xa xerou, desde un primeiro momento, moitas sospeitas no mundo árabe, onde se extendeu a idea de que fora asasinado por Israel. O estado sionista ten empregado na loita contra o que considera 'terroristas' todo tipo de métodos, desde execucións sumarias ata envenenamentos, secuestros ou asesinatos feitos pasar por accidentes de tráfico.

O hospital militar de Percy preto de París), onde Arafat expirou en novembro de 2004 tras dúas semanas de permanecer ingresado, non determinou en ningunha das 588 páxinas do informe médico os motivos do falecemento do 'rais'.

Sospeita

Said A. Assaf, bioquímico e nutricionista encargado de prescribir os alimentos a Arafat cando este enfermou, confesaba no quinto aniversario da morte do líder palestino, que "antes da súa hospitalización, Abu Amar (pseudónimo de Arafat) perdía peso dunha que vin en animais no meu laboratorio cando lles inoculaba veneno".

Comentarios