Exército turco asasinou 60 persoas en Cizre

A maior parte eran curdas. Agochábanse nun soto desde había semanas para se protexer dos bombardeos na cidade.

Por volta de 60 persoas, a maior parte curdas, foron asasinadas este domingo na cidade de Cizre polas forzas militares turcas. Segundo recolle a imprensa local trátase do resultado dunha operación que tiña como obxectivo militantes do PKK. 

Desde as organizacións de dereitos humanos sinalan que a poboación local se mantén agochada desde que o exército turco iniciou unha ofensiva contra o pobo curdo que se prolonga desde hai máis dun mes e que causou centos de mortes, quer activistas, quer civís

Após coñecerse o acontecido en Cizre, un grupo de activistas concentrouse ás portas do Parlamento para amosar o seu rexeitamento. Na faixa que portan pódese ler 'O exército turco bombardeo pobos curdos, asasinando civís'. 

Comentarios