O exército israelita mata a tiros 6 mozos en Gaza

Os soldados responderon con munición real contra os manifestantes que guindaban pedras durante unha mobilización de apoio aos protestos palestinos en Xerusalén e Cisxordania.

palestina

Seis mozos palestinos, de entre 15 e 22 anos, morreron esta sexta feira en Gaza tiroteados por soldados do exército israelita cando tomaban parte nunha mobilización de apoio aos protestos en Xerusalén e Cisxordania. Segundo testemuñas do sucedido, citadas por axencias internacionais, os disparos foron feitos por francotiradores que estaban nos postos de control do valado fronteitizo, a uns 400 metros da manifestación.

O Exército hebreo xustificou as mortes dicindo que por volta de 200 palestinos achegáronse ao valado, queimando pneumáticos e guindando pedras, polo que os soldados abriron fogo “contra os instigadores” para “dispersar a revolta”. Ademais dos 6 mortes houbo un número indeterminado de feridos, varios deles de gravidade, que algunhas fontes sanitarias cifran en por volta de 70. Hai tres días, soldados hebreos mataron a tiros un neno de 13 anos en Belén (Cirsxornadia). O Exército xustificou o feito dicindo que se limitara a "a disparar contra un dos instigadores da revolta".

A xornada comezou cun palestino morto após atacar cun coitelo un policía e con 4 paklestinos e 2 israelitas feridos de arma branca. Desde que comezou outubro catro israelitas morreron en ataques e 13 palestinos. Ademais, centos de mozos palestinos resultaron feridos e ducias detidos polo exército hebreo. 

Comentarios