A exconselleira de Ensino no goberno Puigdemont Clara Ponsatí entrégase á policía escocesa

Clara Ponsatí e o seu avogado
photo_camera clara ponsatí e o seu avogado

A exconselleira de Ensino no gobernó Puigdemont Clara Ponsatí entregouse esta cuarta feira á policía escocesa en acatamento da euroorde de detención reactivada polo xuiz Pablo llarena a pasada sexta feira contra líderes independentistas no exilio.

Ponsatí chegou á comisaría de S. Leonards, en Edimburgo, acompañada do seu avogado, Aamer Anwar que, durante o traxecto expreso unas redes sociais que estamos perante un caso de “persecución política”.

Unha vez en comisaría, a exconselleira foi detida e trasladada ao Tribunal que ten que valorar a súa extradición e ten que decidir se a deixa en liberdade e, de facelo, con que medidas cautelares.

"Clara Ponsatí fai fronte a cargos por rebelión violenta e malversación de fondos públicos en relación á organización do referendo, uns cargos que a miña clienta rexeita totalmente”, asegurou Anwar, que tamén é o reitor da Universidade de Glasgow e un dos maiores expertos nas Illas Británicas en dereitos e liberdades civís.

Comentarios