Evo Morales perdería previsibelmente o referendo de reforma constitucional

Segundo os dados preliminares a maioría do electorado rexeita modificar o texto para permitir a re-elección do presidente boliviano.

Evo Morales
photo_camera Evo Morales

Previsibelmente Evo Morales non poderá concorrer de novo aos comicios presidencias bolivianos após o referendo que tivo lugar este domingo no país. O electorado estaba chamado ás urnas para se pronunciar a respeito da reforma constitucional que permitiría a Evo Morales presentarse de novo candidato á Presidencia de Bolivia. 

A Constitución de Bolivia fixa en dous mandatos o límite para que presidencia e vice-presidencia sexan re-eleitas

Porén, os primeiros dados de escrutinio apuntan cara á unha previsíbel derrota, embora representantes gobernamentais apelan á calma e aos resultados oficiais. Segundo o vicepresidente boliviano, Álvaro García Linera, os inquéritos a boca de urna apuntarían un "empate técnico" entre o Si e o Non de maneira que o voto rural, isto é, o 35% do censo podería ser determinante. 

"Pode modificarse polo Sí ou polo Non, dependendo de como cheguen as actas das cominidades afastadas. Pedimos paciencia á poboación", sinalou García Linera. 

O referendo pretende adoptar unha posición a respeito do artigo 169 no que se estabelece un límite de dous mandatos continuos para a presidencia e vicepresidencia do país. 

Comentarios