mércores 19/01/22

Euskal Herria reclama o dereito a decidir

Decenas de miles de persoas participaron da xornada reivindicativa convocada por Gure Esku Dago e encheron as rúas das principais cidades vascas e Irueña. Esta tarde continúan os actos coa instalación de urnas xigantes tecidas por xente de todo o país durante meses vendeu a plataforma e sobre as que a cidadanía escribiu as súas demandas.

Mobilización en Bilbo (Foto: Gara)
Mobilización en Bilbo (Foto: Gara)


Cinco cadeas humanas unidas por telas multicolores percorreron este domingo pola mañá as rúas das principais cidades de Euskal Herria. Decenas de miles de persoas participaron nunha xornada reivindicada polo dereito a decidir, convocadas pola plataforma Gure Esku Dago. 

Esta tarde continúan os actos coa instalación de urnas xigantes tecidas por xente de todo o país durante meses vendeu a plataforma e sobre as que a cidadanía escribiu as súas demandas. Os eventos centrais celébranse nos estadios de San Mamés (Bilbo), Anoeta (Donostia) e na praza de toros de Irueña. 

"Gustaríanos que hoxe comezara unha nova era neste pobo, a era da decisión". 

"Gustaríanos que hoxe comezara unha nova era neste pobo, a era da decisión. Vendo a imaxes da mañá, non temos ningunha dúbida”, manifestaron desde Gure Esku Dago, segundo informa Gara. Os principais sindicatos e partidos nacionalistas apoiaron os actos.

“Queda de novo en evidencia que a reclamación é de ámbito nacional. Cada vez máis persoas cremos que o dereito a decidir é algo que nos compete a todos e que temos dereito a decidir o noso propio futuro por riba de diferenzas e de ideoloxías, porque é un concepto prepolítico e de democracia”, manifestou o parlamentario de EH Bildu Pello Urizar. 

Pola súa banda, o voceiro do PNV Jose Erkoreka considerou que “esta mobilización é reflexo dunha sociedade san, que ten inquietudes e aspiracións, e capaz de articularse colectivamente para reivindicar os seus dereitos”.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Euskal Herria reclama o dereito a decidir
comentarios