O Europarlamento retira a Junqueras a condición de eurodeputado

Parlamento Europeo
photo_camera Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo decidiu finalmente asumir decisión da Xunta electoral central (XEC) e do Tribunal Supremo e retirar a condición de eurodeputado ao líder de ERC, Oriol Junqueras, malial sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado decembro.

Así o comunicou a presidencia da Cámara esta sexta feira. O presidente da Eurocámara, David Sassoli, considera que o mandato de Junqueras caducou o pasado 3 de xaneiro, coincidindo coa publicación da resolución da XEC.

"Segundo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Parlamento Europeo está obrigado a tomar nota das decisións adoptadas polas autoridades xudiciais dos estados membros", dixo Sassoli nun comunicado oficial.

Comentarios