Europarlamento declara emerxencia climática

UE quer baixar a emisión de gases de efecto invernadeiro en 55% nunha década

CO Parlamento Europeo declarou esta quinta feira a emerxencia climática e ambiental, rexeitando unha proposta do Partido Popular Europeo (PPE) de usar o termo "urxencia climática" en lugar de emerxencia.

A Cámara tamén aprobou unha resolución sobre a Conferencia sobre o cambio climático das Nacións Unidas (COP25), que terá lugar en Madrid, e na que explicitamente se alude á necesidade de reducir a emisións de gases de efecto invernadoiro en 55% ata 2030.

A votación da declaración de emerxencia climática non deixou lugar a dúbidas: 429 votos a favor, 225 en contra e 19 abstencións.

Comentarios