Europa celebra o 75º aniversario da derrota nazi

Varios actos, condicionados pola pandemia, conmemoran este 8 e 9 de maio o Día da Vitoria.
2020050815031981704
photo_camera O mariscal de campo Wilhelm Keitel asina a rendición nazi o 8 de maio de 1945 (NAPA)

O continente europeo celebra hoxe e mañá con diversos actos,  condicionados pola pandemia da COVID-19, o 75º aniversario do Día da Victoria. O final da Segunda Guerra Mundial nas frontes europeas chegou coa rendición do Exército nazi en maio de 1945. 

O 8 dese mes foi o día en que os Aliados aceptaron a rendición incondicional de Alemaña, e quedou para a historia como unha data de celebración tras o gran sufrimento causado en todo o continente polo conflito. A acta de rendición militar asinouse o 7 de maio no cuartel xeral do estadounidense Dwight Eisenhower, comandante supremo dos Aliados en Europa, na localidade francesa de Reims.

Dado que a sinatura se produciu sen a presenza dos altos mandos da URSS, o mariscal Wilhelm Keitel firmou a capitulación alemá de novo, un día despois, na sede soviética en Berlín.

É por iso que o Día da Vitoria en Europa se celebra durante 48 horas. En Rusia conmemórase cada 9 de maio cun desfile militar en Moscova, coa presenza de veteranos da guerra. Porén, o coronavirus obrigouno a cancelar. 

En Francia, houbo un acto sen público ante o Arco do Triunfo de París. No Reino Unido, minutos de silencio ás portas das casas. E en Alemaña, o chamado Día da Liberación do Nacionalsocialismo conmemorouse ante o Memorial para as Vítimas da Guerra e da Ditadura.

Comentarios