Análise

Europa afunde

Ramón Grosfoguel, profesor da Universidade de California en Berkeley, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.

A Unión Europea, a ollos de Grosfoguel, carece de vontade soberana e "pagará moi caro" a súa subordinación como "protectorado colonial" dos Estados Unidos. (Ilustración: Álex Rozados)
photo_camera A Unión Europea, a ollos de Grosfoguel, carece de vontade soberana e "pagará moi caro" a súa subordinación como "protectorado colonial" dos Estados Unidos. (Ilustración: Álex Rozados)

Após máis de seis meses da guerra entre Estados Unidos (vía OTAN) e Rusia en Ucraína para desprazar as empresas rusas dos mercados europeos e substituílas por compañías transnacionais estadounidenses, a Unión Europea enfróntase ao seu rápido declive e obsolescencia.

Como explicarei a continuación, a Unión Europea non ten vontade soberana e pagará moi caro a súa subordinación como protectorado colonial dos Estados Unidos:

1.—A Unión Europea, ao situarse ao carón dos Estados Unidos neste conflito, colócase tamén de forma suicida contra si mesma. Eliminar empresas de gas, de petróleo, de aluminio ou de trigo de Rusia, que vendían a prezos baratos, xerou escaseza de fontes enerxéticas producindo unha grave hiperinflación que pagarán moi caro os pobos europeos este próximo inverno.

Se aínda por riba se substitúen esas empresas rusas con empresas estadounidenses que venden a prezos de monopolio e se priva Europa da Ruta da Seda que vén desde China, podemos facernos unha idea máis precisa sobre como os pobos europeos pagarán a un custo moi elevado a guerra estadounidense contra Rusia.

Ademais dos prezos inflados que xa se están sentindo nos produtos de primeira necesidade, o colapso dos circuítos de distribución de alimentos resultado desta guerra xerarán una fame negra a nivel mundial, da cal os europeos non escaparán.

2.—As elites europeas axeonlláronse ante os intereses económicos e militares estadounidenses traizoando os intereses dos seus propios territorios e dos seus cidadáns. Estamos ante a colonización de Europa por parte dos Estados Unidos. Esta guerra non ten nada que ver cos mellores intereses de Europa. Esta é unha guerra do imperio estadounidense para restablecer o seu control económico, político e militar sobre Europa usando de pretexto as sancións contra Rusia.

3.—O apoio da OTAN ás milicias nazis do exército de Ucraína promete ser a tumba da orde democrática europea. Ucraína é agora mesmo o campo de adestramento de milicias nazis chegadas doutras partes de Europa e do resto do mundo que veñen prestar axuda aos nazis ucraínos. O efecto boomerang desta mobilización en toda Europa vaise facer sentir nos próximos años.

4.—A aceptación pasiva europea da política estadounidense de impor sobre Europa un aumento nos orzamentos militares para escalar a "defensa" contra Rusia no só diminúe os presupostos en benestar social para a poboación senón que beneficia exclusivamente as empresas armamentistas estadounidenses.

O complexo militar-industrial dos Estados Unidos ten agora pedidos multimillonarios europeos para a fabricación de armamentos, avións de guerra, tanques e un longo etcétera.

5.—Un 60% da industria europea fechará por altos custos enerxéticos deixando a centos de miles de traballadoras e traballadores desempregados. Ademais, o colapso económico vaise reflectir tamén na caída este outono dos mercados financeiros. Se os europeos no saen da OTAN e afirman a súa soberanía fronte ao imperio estadounidense, converteranse nunha rexión insignificante e empobrecida no mundo.

A toma nas súas propias mans do seu presente e futuro pasa por una loita popular desde abaixo para recuperar o control soberano de seu destino e construír un mundo multipolar afastado do unipolarismo estadounidense.

Non se pode cifrar ningunha confianza ni esperanza nas elites imperiais europeas. A inmensa maioría están vendidas aos intereses dos Estados Unidos e á Organización do Tratado do Atlántico Norte.

O caso do estado imperial español non é unha excepción, os políticos españolistas de esquerda e dereita axeonlláronse fronte aos Estados Unidos. As loitas das nacións oprimidas pola súa soberanía faise cada día máis urxente. Só o pobo salva o pobo.

Comentarios