A Eurocámara, derradeiro trámite do Brexit

Os representantes galegos no Parlamento europeo dubidan dos prazos do período transitorio, que se estenderá desde o 31 de xaneiro, coa culminación do Brexit, ao 31 de decembro.
28 January 2020, England, Dover: Trucks queue for ferries at the Port of Dover in Kent as the UK prepares to leave the European Union on Friday. Photo: Gareth Fuller/PA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

28 January 2020, England, Dover: Trucks queue for ferries at the Port of Dover in Kent as the UK prepares to leave the European Union on Friday. Photo: Gareth Fuller/PA Wire/dpa

1/28/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera A saída do Reino Unido formalizarase ás 00.00 horas do sábado (Europa Press)

Logo de que a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, e o presidente do Consello, Charles Michel, ratificasen a semana pasada o acordo para a saída do Reino Unido da Unión Europea, hoxe o Parlamento cumprirá co trámite final do Brexit coa súa aprobación en pleno. A pasada quinta feira, o comité de Asuntos Constitucionais da Eurocámara votou, 23-3, a favor de recomendar a súa aprobación .

Nesa mesma xornada, o acordo de saída da UE cobraba forma de lei no Reino Unido despois de ser ratificado pola xefa de Estado, a raíña Isabel II. Antes, o 9 de xaneiro, foi aprobado pola Cámara dos Comúns na súa terceira lectura, por 330 a 231, e o 21 de xaneiro tamén a Cámara dos Lores lle deu o seu visto bo con cinco emendas, todas rexeitadas polos Comúns.

A aprobación por parte da Comisión, do Consello e do Parlamento son, así e todo, trámites. Na votación de hoxe, xa que logo, non se agardan sorpresas. 

A relación entre o Reino Unido e a Unión Europea entrará ás 00.00 horas do sábado (as 23 horas da sexta feira en Londres) nun período de transición até o 31 de decembro, no que Londres deberá cumprir coas políticas e os regulamentos emanados de Bruxelas. Porén, o Executivo británico non poderá contar con representación nos órganos de Goberno da Unión Europea.

Mesmas regras

Así, a libre circulación de persoas e as políticas migratorias permanecerán intactas nos 11 vindeiros meses, tanto para a cidadanía británica como para a europea. Nada cambia. Todo permanece igual durante 2020.

Neste período transitorio, os equipos negociadores do Reino Unido e da Unión Europea traballarán até chegar a un acordo ao respecto dos intercambios comerciais e outro tipo de relacións e cuestións como as referentes á seguridade e á partilla de datos. Londres négase a que este período poida ser estendido, e as análises poñen en dúbida que se poida chegar a un acordo exhaustivo nun tempo tan limitado. 

Nicolás González Casares (PSOE), un dos dous parlamentarios galegos na Eurocámara, adhírese a esta percepción. En conversa con Nós Diario cre que é "difícil" que se cumpra o prazo. Ademais, cre que hai que estar "atentos" ao que faga o Reino Unido nos vindeiros meses a respecto de posíbeis "políticas fiscais agresivas" ou "axudas a empresas".

Tamén o outro representante galego no Parlamento europeo, Francisco Millán Mon (PP), sinala a este periódico que as limitacións temporais obrigarán os negociadores a seren "moi dilixentes". "Non desboto a posibilidade de que se prorrogue o período de transición", di, malia ser consciente de que Westminster aprobou unha norma que, en teoría, o impediría. "Algo que tamén pode ser cambiado", sinala a respecto.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios