EUA retira Cuba da súa listaxe de países 'patrocinadores do terrorismo'

A illa permanecía nesa catalogación desde 1982. 

(Foto: CubaDebate)
photo_camera (Foto: CubaDebate)

Após o encontro histórico entre Cuba e EUA na Cimeira das Américas decorrida en Panamá, a administración de Barack Obama anunciou esta terza feira a decisión de retirar Cuba da listaxe de países 'patrocinadores do terrorismo' na que se mantiña desde 1982. 

Trátase dun paso máis no desxeo das relacións bilaterais entre os Estados Unidos e o goberno cubano desde o triunfo da Revolución en 1959 e a imposición do bloqueo económico, comercial e financeiro en 1962. 

Con esta decisión o mandatario estadounidense anunciou que remitiu ao "Congreso o informe e as certificacións requeridas que indican a intención" da súa administración por "cancelar a designación de Cuba como SSOT" --nas súas siglas en inglés. Así o comunicou a Casa Branca através da súa conta oficial na rede social Twitter. 

Comentarios