Os EUA prohiben a Maduro sobrevoar Porto Rico na viaxe do presidente venezolano a China

Nova aldraxe das potencias imperialistas aos líderes latinoamericanos. Após o veto a Evo Morales na súa viaxe de Moscova a Bolivia [sustentado na falsa alegación de que transportaba a Snowden], chega agora a quenda para os EUA. Prohiben a Maduro sobrevoar territorio de xurisdición norteamericana, Porto Rico, na súa viaxe a China.

Nicolás maduro
photo_camera Nicolás Maduro

“É indignante que os EUA nos neguen o sobre voo por Porto Rico", dixo Maduro. O presidente venezolano ordenou que se deseñase unha "nova rota" para chegar a China.

“Os gobernos dos EUA non me vai impedir ir a China. Nós imos ir a China a reforzar as nosas relacións", acrecentou.

Engadiu aínda que negarlle o permiso a un xefe de Estado para que sobrevoe un país [Porto Rico] que "eles" [polos nortemericanos] "colonizaron" constitúe “unha falta grave”.

Elías Jaua, o chefe da diplomacia venezolana, anunciou que o seu país se reserva a adopción de medidas de carácter legal perante organismos internacionais para denunciar o que cualificou de "máis unha agresión do imperialismo norteamericano contra o governo da República Bolivariana".

Comentarios