EUA non atacará após Siria anunciar que deslocará o seu armamento químico

A resolución que será presentada perante as Nacións Unidas non contempla unha intervención militar estadounidense. A diplomacia rusa xogou un importante papel para frear o ataque.

Armada de EUA
photo_camera Imaxe de arquivo da armada estadounidense

O proxecto de resolución que se presentará perante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas non recollerá unha intervención militar estadounidese segundo informan as axencias de noticias internacionais. Así o decidiu a administración Obama após anunciar Siria a pasada semana que poría o seu armamento químico sob control internacional. 

O goberno dos EUA desiste na súa ameaza militar e declina que o texto resolutivo no que se está a traballar inclúa unha posíbel ofensiva se o goberno de Bashad Al-Assad incumprise o acordo adoptado a pasada semana e polo cal Siria someterá o seu armamento á supervisión estraxeira e deslocará as súas armas. Esta decisión foi lograda após un intenso traballo da diplomacia rusa que finalmente conseguiu disuadir aos EUA das súas ameazas militares. 

Rusia condicionou calquera apoio ao proxecto de resolución a que os EUA cesasen nas súas ameazas militares

Neste senso, o goberno de Vladimir Putin condicionou calquera apoio á resolución que se presente no Consello de Seguridade á retirada dunha posíbel intervención militar estadounidense. Embora os expertos nucleares de Rusia e EUA aínda non compareceron publicamente após a xuntanza desenvolvida esta sexta feira, fontes consultadas pola axencia Reuters confirmaron que a administración estadounidense non teimará en introducir condicionantes perante un hipotético incumprimento sirio. No entanto, Barack Obama agocha un as na manga e mantén a posibilidade dun ataque unilateral. 

A ONU asegura no seu informe que @s observador@s internacionais non poden atribuír o ataque químico a ningún responsábel

Armas químicas
O informe elaborado polas Nacións Unidas en relación ao ataque químico contra poboación civil conclúe finalmente afirmando que este se produciu, o pasado mes de agosto. Porén, @s observador@s non foron capaces de determinar cal dos dous bandos foi responsábel do mesmo. De igual maneira que o fixera a ONG internacional, Médicos sen fronteiras

Pola súa banda, o goberno Sirio nega ter utilizado armas químicas e atinxe ao exército rebelde o ataque. Neste senso, Bashad Al-Assad asegurou que aceptara deslocar o armemento químico do país para evitar que os EUA iniciaran unha ofensiva cuxas consecuencias serían catastróficas, segundo recolle a imprensa do país. 

Comentarios