'Asasinato selectivo'

EUA mata un xeneral iraniano cun ataque con mísiles en Bagdag

Qassen Soleimani irán

O xeneral Qassen Soleimani, xefe da Forza Quds dos Gardas Revolucionarios de Irán e o vicepresidente das milicias xiítas das Unidades de Mobilización Popular de Iraq, Abu Mahdi al Mohandes, morreron esta sexta feira nun ataque con mísiles no aeroporto internacional de Bagdad. .

O Pentágono dixo esta quinta feira que o ataque procuraba "deter" futuros plans de Irán que ameazaban intereses de EUA.

"O xeneral Soleimani estaba a desenvolver activamente plans para atacar diplomáticos e membros de servizo de EUA en Iraq e en toda a rexión", aseverou o Pentágono nun comunicado.

A nota culpa Soleimani e á Forza Quds "da morte de centos de estadounidenses e membros do servizo de coalición, e das feridas de miles máis"."Os Estados Unidos seguirán tomando todas as medidas necesarias para protexer a nosa xente e os nosos intereses en calquera parte do mundo", engade a nota.

Os medios estadounidenses xa indicaron que o presidente Trump autorizou a operación, que se produciu no medio da tensión crecente entre Washington e Bagdad. Trump publicou unha imaxe coa bandeira americana na súa conta de Twitter.

Teherán xa advertiu Estados Unidos que este asasinato non ía ficar impune.

Comentarios