EUA liberará a un dos cinco cubanos detidos en Miami

Fernando González, un dos cinco cubanos que se atopan encarcerados en Miami desde 2001 acusados de espionaxe, será posto en liberdade en menos dun mes segundo o Nuevo Herald. 

cinco

O preso cubano, Fernando González, será liberado polas autoridades estadounidenses nas próximas semanas. Segundo informou o seu avogado ao xornal Nuevo Herald, o detido podería saír da cadea o 27 de febreiro de onde será trasladado a un centro de inmigración á espera de ser deportado a Cuba. 

O detido, que toma parte do grupo dos cinco, foi detido en 2001 e condeado a 17 anos de prisión acusado de espionaxe. O xuízo que foi denunciado nas institucións internacionais por non respectar as garantías procesuais dos detidos, foi obxecto tamén dunha importante campaña para alén das fronteiras cubanas coa que familiares e responsábeis políticos da illa exixen a liberación e traslado dos cinco. 

De entre eles, René González, xa foi posto en liberdade en 2011. Os outros tres, cumpren condenas maiores e mesmo un foi condenado a cadea perpetua. 

Comentarios