Os EUA lanzaron máis de 26.000 bombas no último ano de Obama

Un informe do Consello de Relacións Exteriores, organización estadounidense especializada en política exterior, advirte de que os EUA lanzaron, no último ano de Barack Obama -premio Nobel da Paz- máis de 26.000 bombas.

obama

Durante o derradeiro ano de xestión de Obama, que fora premiado co Nobel da Paz en 2009, os EUA lanzaron máis de 26.000 bombas nun total de sete países, segundo un informe que fixo público o Consello de Relacións Exteriores, unha organización estadounidense especializada en política exterior.

Este organismo salienta que Washington lanzou 3.000 bombas máis que no calendario anterior. Aínda así, asegura que os dados presentados son oficiais e que é “moi probábel” que a cifra sexa aínda maior, xa que non se contemplan os bombardeos realizados en misións secretas.

Os lugares que foron albo dos bombardeos dos EUA, na súa suposta loita contra o terrorismo, foron Siria, O Iraq, Afganistán, Libia, Iemen, Somalia e Paquistán.

Comentarios