Só no semanario

Os EUA impoñen unha nova carreira armamentística global

A administración Trump condiciona o seu apoio á OTAN á que os Estados membros eleven o seu orzamento militar até 2% do seu PIB. A Alianza Atlántica insiste na súa tensión con Rusia. Afondamos sobre a OTAN no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.

A cimeira extraordinaria da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) decorrida os pasados días 15 e 16 de febreiro na cidade belga de Evere axustouse ao guión. O primeiro conclave da alianza [atlántica desde a chegada de Donald Trump á Presidencia dos EUA visou a dependencia da UE do seu parceiro transatlántico. Washington fixo uso do seu rol preponderante e exixiu aos seus socios que aumenten de maneira substancial os seus orzamentos militares, até atinxiren o compromiso de 2% do seu PIB. Malia a retórica diplomática, a administración norteamericana fixo uso da ameaza velada de se distanciar da alianza, o que para alén de comprometer a seguranza do resto de Estados membros, poría en cuestión a existencia mesma da OTAN.

3Esta exixencia, anticipada xa durante a campaña presidencial norteamericana polo propio Donald Trump, foi expresada de maneira taxativa e cun ton duro polo secretario de Defensa, James Mattis, nunha reunión a porta fechada. “América cumprirá coas súas responsabilidades, pero se as vosas nacións non queren ver como modera o seu compromiso con esta alianza, ten que haber unha mostra de apoio á nosa defensa común”, arengou Mattis aos 27 ministros de Defensa da alianza.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, á venda na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios