martes 11/08/20
Tensións étnicas

Etiopía agarda o resultado do referendo autonomista en Sidama

As reclamacións do pobo sidama levaron o pasado mes de xullo á mobilización militar na zona por parte do Goberno central. Aquelas revoltas acabaron con ducias de mortos.
O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Ahmed [Europa Press]
O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Ahmed [Europa Press]

O reconto de votos por parte dos funcionarios do organismo electoral de Etiopía mantense esta quinta feira, 20 de novembro, despois do referendo que tivo lugar na cuarta na rexión de Sidama. O resultado definitivo agárdase para esta sexta.

«O proceso de votación finalizou completamente en paz, sen que as forzas de seguridade nos informasen de ningún incidente», sinalou Soleyana Shimeles, portavoz da Xunta Electoral nacional aos medios internacionais.

En xogo está que Sidama obteña un estatuto de autonomía que o converta nun Estado máis dentro da Etiopía federal. A consulta pretende calmar as tensións étnicas existentes dentro do país, un reto para o recentemente galardoado co premio Nobel da Paz, o primeiro ministro etíope, Abiy Ahmed.

As reclamacións autonomistas do pobo sidama levaron o pasado mes de xullo á mobilización militar na zona por parte do Goberno central. Aquelas revoltas acabaron con ducias de mortos.

comentarios