ETA aposta nun "deseño partillado de desarme"

A organización armada emitiu un comunicado no que di continuar co proceso de selado e amósase favorábel a consensuar unha resolución desde Euskal Herria. 

ETA vén de remitir un extenso comunicado aos diarios Gara e Naiz no que asegura continuar adiante co proceso de selado do seu armamento malia a obstrución dos estados español e francés logo do acontecido no 2014. 

Aliás, a organización armada sinala que está disposta a implicarse nun "deseño partillado de desarme" que se desenvolva en Euskal Herria e que parta dalgúns dos elementos achegados polos distintos axentes --entre os que inclúe o goberno basco-- as recomendacións do Foro Social, a Declaración de Baiona, a proposta Zuzen Bidea de Lakua, a Vía Basca para a Paz de EH Bildu e a iniciativa proposta polo EPKK. 

Gara publicará integramente o comunicado esta sexta feira. 

Comentarios